Sede electrónica Concello de Padrón

16:56:59 Mércores 12 de marzo 2025
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida

O procedemento "Solicitude de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida" ten como obxecto facilitar a tarxeta de accesibilidade para o transporte público e a tarxeta de estacionamento aos veciños ou veciñas do municipio con graves problemas de mobilidade, como documento acreditativo da súa situación, con carácter persoal e intransferible, coa finalidade de favorecer o uso e goce dos transportes privados e para que o seu titular poida gozar das facilidades de estacionamento relacionadas coa mesma.

A tarxeta recollerase nas Oficinas de Servizos Sociais (Praza Manuel Rodríguez Cobián, 4). Recibirá un aviso no teléfono facilitado na solicitude.

No suposto de RENOVACIÓN da tarxeta deberá entregar a caducada no intre de recibir a nova.

No caso de que a cualificación da dificultade de mobilidade por discapacidade sexa definitivo, a tarxeta caducará os DEZ ANOS, no caso de que sexa provisional caducará cando finalice o prazo da discapacidade.

No suposto de que se detecte o uso indebido da tarxeta de maneira reiterada e debidamente probada, con independencia da sanción pecunaria que puidese recaer no procedemento sancionador incoado para o efecto, a citada tarxeta será retirada durante un prazo de dous anos.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de tarxetas de accesibilidade e estacionamento para persoas con mobilidade reducida.
  • Certificado do grao de discapacidade (Movilidad).
  • Declaración responsable/xurada da perdida da tarxeta (Anexo I).
  • Autorización para recoller a tarxeta (Anexo II).

Nome: Solicitude de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.

Unidade tramitadora:
Servizos Sociais.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Prazo de resolución:
3 meses.

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Non aplica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.