Sede electrónica Concello de Padrón

23:02:10 Xoves 24 de setembro 2026
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de subvención de concurrencia competitiva dirixida a entidades públicas ou privadas para promoción de actividades culturais e festexos populares 2026

Non hai convocatorias abertas actualmente

Estas bases teñen por obxecto establecer os criterios e os procedementos para a concesión de subvencións municipais do Concello de Padrón para a prestación de servizos ou a realización de actividades culturais e de festexos que complementen ou suplan aos atribuídos á competencia municipal ou que, en xeral, contribúan ao fomento dos intereses peculiares do municipio.

Os principios ós que se suxeitarán os procedementos de outorgamento das subvencións son os seguintes: publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, eficacia, eficiencia, voluntariedade e non vinculación para futuras subvencións.

A través de medios electrónicos, conforme establece o artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo de presentación de solicitudes determinarase no extracto desta convocatoria que se publicará no Boletín Oficial da Provincia, a través do Sistema Nacional de Publicación de Subvencións.

Fase Solicitude:

Fase Xustificación:

  • Anexo   I – Conta xustificativa (obrigatorio).
  • Anexo  II – Certificado de ter cumprida a finalidade da subvención (obrigatorio).
  • Anexo III – Certificado das actividades realizadas (obrigatorio).

Nome: Solicitude de subvención de concurrencia competitiva dirixida a entidades públicas ou privadas para promoción de actividades culturais e festexos populares 2026.

Inicio do procedemento: A instancia de parte. 

Tipo de interesado: Entidades públicas ou privadas

Carácter silencio administrativo: Segundo normativa.

Taxas/impostos: Non aplica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                  Máis información: correo@padron.gal