Sede electrónica Concello de Padrón

18:53:04 Martes 14 de abril 2026
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de praza na escola infantil municipal

Permite presentar electrónicamente a solicitude para unha praza na escola infantil municipal.

Prazo de presentación da solicitude: do 9 ata o 18 de Abril de 2026.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Si o interesado non utiliza a vía telemática poderá descargarse o/os impreso/s dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán dito/s impreso/s normalizado/s a presentar.

De forma telemática co modelo específico “Formulario de Solicitude de praza na Escola Infantil Municipal” que se pode atopar na Sede electrónica do Concello.

De forma presencial: Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso dende esta páxina e acudir ao rexistro preferentemente de Servizos Sociais, tamén se pode presentar no rexistro do Concello.

Asemade os impresos normalizados, tamén se poderán recoller nas dependencias de Servizos Sociais. A solicitude debe sempre presentarse no Rexistro de Servizos Sociais ou do Concello (sempre e cando non se faga de forma telemática).

  • Formulario de Solicitude de praza na Escola Infantil Municipal (obrigatorio cumplimentar e asinar). Dende o 9/04/2026 ao 18/04/2026.
  • Libro de familia ou, no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.
  • Copia do DNI da nai, do pai ou titor/a legal.
  • Título de familia numerosa.
  • Certificado acreditativo de familia monoparental.
  • Acreditación de parto múltiple.
  • Acreditación de que algún membro da unidade familiar teña recoñecido discapacidade ou enfermidade que requira internamento periódico.
  • Acreditación, se fose o caso, de que a persoa solicitante sexa deportista de alto nivel ou de alto rendemento deportivo, ou teña a condición de adestradora, técnica, xuíz/a ou árbitro/a de alto nivel deportivo recoñecido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
  • No caso de tener a residencia noutro municipio, certificado de empadroamento colectivo.
  • No caso de separación ou divorcio e nulidade matrimonial, acreditación de dita circunstancia, con expresión do réxime de visitas. Última nómina de cada un dos membros da unidade familiar en activo. No caso de  traballadores autónomos presentarase o xustificante do último ingreso a conta trimestral presentado.
  • No caso de que un ou varios dos membros da unidade familiar non teñan ocupación laboral, presentarán unha certificación do INEM, ou do organismo autonómico correspondente, que acredite a situación de desemprego ou de percepción, ou non, de prestacións por aquel concepto.
  • No caso de persoas que tivesen presentada a declaración do Imposto sobre a Renda das persoas físicas (IRPF): declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas da unidade familiar. En caso de declaracións individuais, presentarán unha copia da declaración de cada membro da unidade familiar obrigado a declarar.  Os solicitantes da devolución rápida, presentarán unha copia da comunicación que lles remitirá a Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) en aplicación do Texto Refundido 3/2004 da Lei do Imposto sobre a Renda das persoas físicas.
  • No caso de persoas que non tivesen presentada a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF): As persoas non obrigadas a declarar e que non solicitaran a devolución rápida, presentarán a certificación dos datos existentes na Administración, que expide a Axencia Estatal da Administración Tributaria e certificado de empresa. Informe social naqueles casos nos que, por distintas razóns, non se poidan acreditalas rendas dos pais con escasos recursos.
  • No caso de ser perceptor de RISGA, acreditalo mediante resolución emitida pola Consellería de Política Social.
  • Declaración xurada de que a situación económica e laboral dos membros da unidade familiar segue sendo a mesma, no momento da solicitude de ingreso na Escola Infantil Municipal que na data que consta na declaración a renda ou certificado equivalente. Se a situación cambiou, deben acompañarse documentos que o certifiquen ou no seu caso, declaración xurada explicando a nova situación.
  • A renda neta per cápita familiar obterase como resultado de realizar os seguintes cálculos en base á declaración da renda do exercicio 2024.
    • Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible do aforro. 2. Deste resultado restarase a cota líquida.
    • Segundo isto, a renda familiar para os efectos é o resultado da facer as seguintes operacións coa declaración do IRPF: casiña 435 + casiña 460 – casiña 595 =X
    • O resultado obtido dividirase polo número de membros que forman parte da unidade familiar.

No caso de que a solicitude non reúna os requisitos esixidos, o  Concello requirirá ao interesado para que nun prazo de 10 días naturais, emende a falta ou xunte os documentos necesarios, con indicación de que, si así non se fixese, se terá por desestimada a súa petición arquivándose sen máis trámite.

A selección das solicitudes efectuarase en función da puntuación acadada segundo o baremo que determine en cada momento a Consellería correspondente da Xunta de Galicia, mediante o que se avaliarán os factores sociofamiliares, laborais e económicos da unidade familiar. Este baremo pode consultarse no DOG número 50 do 16 de marzo de 2026. Se existise empate tras a aplicación do baremo, a orde determinarase segundo o número de rexistro de entrada da solicitude no Concello de Padrón.

Nome: Solicitude de RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2026-2027 DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Calqueira persoa física ou xurídica.

Carácter silencio administrativo: Segundo normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite) e presencial.

Máis información: correo@padron.gal ; servizos.sociais@padron.gal