Sede electrónica Concello de Padrón

08:29:33 Mércores 3 de xuño 2026
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición no programa Concilia DESPERTARES 2026-27

Non hai convocatorias abertas actualmente

É obxecto deste procedemento administrativo facilitar a xestión de solicitudes de inscrición nas  actividades do Programa Concilia DESPERTARES 2026-2027.

  • De forma telemática co modelo específico “CONCILIA DESPERTARES CURSO 2026-2027”.
  • De forma presencial: Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso dende esta páxina e acudir ao rexistro de Servizos Sociais ou do Concello.

Asemade os impresos normalizados, tamén se poderán recoller nas dependencias de Servizos Sociais. 
No caso de producirse empate, unha vez aplicados os criterios da Baremación recollidos neste Anexo, terase en conta a orde de rexistro de entrada no Concello de Padrón.
O prazo das solicitudes e do 4 ao 11 de xuño de 2026.

  • Solicitude de Inscrición (modelo específico “CONCILIA DESPERTARES  CEIP ROSALIA DE CASTRO CURSO 2026- 2027).
  • Informe médico (naqueles casos nos que os /as participantes teñan problemas alimentarios: diabéticos, celíacos…).
  • Fotocopia do Libro de Familia.
  • Resgardo da matrícula escolar (resgardo de matrícula escolar ou certificado descargado da aplicación ABALAR que poderá ser presentado no mes de setembro. No caso de non presentar causará baixa no servizo). No caso de novo alumnado do centro deben presentar xustificante de reserva de praza.
  • Certificado de empadroamento, só no caso de que todos ou algún dos membros da unidade familiar estea empadroado fora do Concello de Padrón.
  • Documento que xustifique a situación de ocupación ou de desemprego (neste caso tamén se presentará un certificado do SEPE onde se faga referencia á prestación percibida).
  • Familia monoparental: documento acreditativo en vigor.
  • Familia numerosa: documento acreditativo en vigor.
  • Documento acreditativo de situación en risco de exclusión social (informe emitido por Servizos Sociais Comunitarios).
  • Acreditación da capacidade económica: Presentación da Declaración da Renda correspondente ao ano 2024 e no caso de persoas non obrigadas certificado emitido pola AEAT.

No caso de que as familias solicitantes non presenten documentación acreditativa (declaración da Renda 2024 ou certificados da AEAT 2024) a puntuación da capacidade económica, será de 0 puntos.

  • A renda per cápita familiar obterase como resultado de realizar os seguintes cálculos en base á declaración da renda do exercicio 2024:
    • 1º. Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible do aforro.
    • 2º. Deste resultado restarase a cota líquida.
      Segundo isto, a renda familiar para os efectos é o resultado da facer as seguintes operacións coa declaración do IRPF: casiña 435 + casiña 460 – casiña 595
    • O resultado obtido dividirase polo número de membros que forman parte da unidade familiar.

Nome: Solicitude de inscrición no programa Concilia DESPERTARES 2026-27.

Inicio do procedemento: A instancia de parte. 

Tipo de interesado: Unidades Familiares con menores que estén escolarizados no CEIP Rosalía de Castro.

Carácter silencio administrativo: Segundo normativa.

Taxas/impostos:                  USUARIOS FIXOS    USUARIOS OCASIONAIS
Servizo de gardería :              40€/mensuais         5€/día
Servizo gardería + almorzo : 55€ / mensuais        8€/día

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                  Máis información: correo@padron.gal, servizos.sociais@padron.gal