Sede electrónica Concello de Padrón

00:35:12 Sábado 22 de novembro 2025
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición no programa Concilia Nadal 2025-26

Non hai convocatorias abertas actualmente

É obxecto deste procedemento administrativo facilitar a xestión de solicitudes de inscrición nas actividades do Programa Concilia Nadal 2025-2026.

De forma telemática co modelo específico “CONCILIA NADAL 2025-2026”. 
De forma presencial: Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso dende esta páxina e acudir ao rexistro do Concello ou de Servizos Sociais.
Asemade os impresos normalizados, tamén se poderán recoller nas dependencias de Servizos Sociais. A solicitude debe sempre presentarse no Rexistro do Concello ou de Servizos sociais (sempre e cando non se faga de forma telemática).

O prazo de inscrición é dende o 13 ao 20 de novembro (ambos os dous días incluídos).

  • Solicitude inscrición.
  • Fotocopia do Libro de Familia e do Título de Familia Numerosa, de ser o caso.
  • Certificado de empadroamento, só no caso de que todos ou algún dos membros da unidade familiar estea empadroado fora do Concello de Padrón.
  • Documento que xustifique a situación de ocupación.
  • Familia monoparental: documento acreditativo en vigor.
  • Familia numerosa: documento acreditativo en vigor.
  • Discapacidade ou dependencia dalgún membro da familia que forme parte da unidade de convivencia: documento acreditativo en vigor.
  • Acreditación de menor acollido, se fose o caso.
  • Documento acreditativo das medidas reguladoras das paternofiliais, se fose o caso.
  • Documento acreditativo de situación en risco de exclusión social (informe emitido por Servizos Sociais Comunitarios).
  • Documentación acreditativa de muller vítima de violencia de xénero ou de outras formas de violencia contra as mulleres.
  • Acreditación da capacidade económica: Presentación da Declaración da Renda correspondente ao ano 2024 e no caso de persoas non obrigadas certificado emitido pola AEAT.
  • En caso de que as familias solicitantes non presenten documentación acreditativa (declaración da Renta 2024 ou certificados da AEAT 2024)  a puntuación da capacidade económica, será de 0 puntos.
    A renda per cápita familiar obterase como resultado de realizar os seguintes cálculos en base á declaración da renda do exercicio 2024.
    1º. Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible do aforro.
    2º. Deste resultado restarase a cota líquida.
    Segundo isto, a renda familiar para os efectos é o resultado da facer as seguintes operacións coa declaración do IRPF: casiña 435 + casiña 460 – casiña 595.
    O resultado obtido dividirase polo número de membros que forman parte da unidade familiar.

Nome: Solicitude de inscrición no programa Concilia Nadal 2025-26.

Inicio do procedemento: A instancia de parte. 

Tipo de interesado: Preferentemente as familias do Concello de Padrón.

Carácter silencio administrativo: Segundo normativa.

Tasas/impostos: 50 €.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                  Máis información: servizos.sociais@padron.gal