É obxecto deste procedemento administrativo facilitar a xestión de solicitudes de inscrición nas actividades do Programa Concilia Verán 2025.
Unidades familiares empadroadas no Concello de Padrón.
Asemade os impresos normalizados, tamén se poderán recoller nas dependencias de Servizos Sociais. A solicitude debe sempre presentarse no Rexistro do Concello (sempre e cando non se faga de forma telemática).
O prazo das solicitudes e do 27 de maio ao 3 de xuño de 2025.
En caso de que as familias solicitantes non presenten documentación acreditativa (declaración da Renta 2023 ou certificados da AEAT 2023) a puntuación da capacidade económica, será de 0 puntos.
A renda per cápita familiar obterase como resultado de realizar os seguintes cálculos en base á declaración da renda do exercicio 2023 :
1º. Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible do aforro.
2º. Deste resultado restarase a cota líquida.
Segundo isto, a renda familiar para os efectos é o resultado da facer as seguintes operacións coa declaración do IRPF: casiña 435 + casiña 460 – casiña 595
O resultado obtido dividirase polo número de membros que forman parte da unidade familiar.
Nome: Solicitude de inscrición no programa Concilia Verán 2025
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Familias do Concello de Padrón.
Carácter silencio administrativo: Segundo normativa.
Taxas/impostos: Non
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Máis información: correo@padron.gal