Sede electrónica Concello de Padrón

22:13:31 Mércores 23 de xullo 2025
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición no programa Concilia DESPERTARES 2025-2026

É obxecto deste procedemento administrativo facilitar a xestión de solicitudes de inscrición nas actividades do Programa Concilia despertares curso 2025-2026.

  • De forma telemática co modelo específico “CONCILIA DESPERTARES CURSO 2025-2026”.
  • De forma presencial: Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso dende esta páxina e acudir ao rexistro do Concello.

Asemade os impresos normalizados, tamén se poderán recoller nas dependencias de Servizos Sociais. A solicitude debe sempre presentarse no Rexistro do Concello (sempre e cando non se faga de forma telemática).

No caso de producirse empate, unha vez aplicados os criterios da Baremación recollidos neste Anexo, terase en conta a orde de rexistro de entrada no Concello de Padrón.

O prazo das solicitudes e do 15 ao 30 de xullo de 2025.

Toda a documentación que non sexa presentada coa inscrición non será tida en conta na baremación.

  • Solicitude de Inscrición.
  • Informe médico (naqueles casos nos que os /as participantes teñan problemas alimentarios: diabéticos, celíacos…).
  • Fotocopia do Libro de Familia.
  • Resgardo da matrícula escolar (resgardo de matrícula escolar ou certificado descargado da aplicación ABALAR).
  • Certificado de empadroamento, só no caso de que todos ou algún dos membros da unidade familiar estea empadroado fora do Concello de Padrón.
  • Documento que xustifique a situación de ocupación ou de desemprego (neste caso tamén se presentará un certificado do SEPE onde se faga referencia á prestación percibida).
  • Familia monoparental: documento acreditativo en vigor.
  • Familia numerosa: documento acreditativo en vigor.
  • Documento acreditativo de situación en risco de exclusión social (informe emitido por Servizos Sociais Comunitarios).
  • Acreditación da capacidade económica: Presentación da Declaración da Renda correspondente ao ano 2024 e no caso de persoas non obrigadas certificado emitido pola AEAT.
  • No caso de que as familias solicitantes non presenten documentación acreditativa (declaración da Renda 2024 ou certificados da AEAT 2024) a puntuación da capacidade económica, será de 0 puntos:
            ◦ A renda per cápita familiar obterase como resultado de realizar os seguintes cálculos en base á declaración da renda do exercicio 2024:
      • 1º Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible do aforro.
      • 2º. Deste resultado restarase a cota líquida.
      • Segundo isto, a renda familiar para os efectos é o resultado da facer as seguintes operacións coa declaración do IRPF: casiña 435 + casiña 460 – casiña 595.
      • O resultado obtido dividirase polo número de membros que forman parte da unidade familia.

Nome: Solicitude de inscrición no programa Concilia DESPERTARES curso 2025-2026.

Inicio do procedemento: A instancia de parte. 

Tipo de interesado: Unidades Familiares con menores que estén escolarizados no CEIP Rosalía de Castro.

Carácter silencio administrativo: Segundo normativa.

Taxas/impostos: 

USUARIOS FIXOS

USUARIOS OCASIONAIS

Servizo de gardería : 40€/mensuais

Servizo de gardería : 5€/día

Servizo gardería + almorzo : 55€ / mensuais

Servizo gardería + almorzo : 8€/día

 

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite) e presencial.

                                  Máis información: correo@padron.gal ; servizos.sociais@padron.gal