Os incentivos á contratación temporal por conta allea teñen por finalidade facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas participantes no "OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO COMARCA DO SAR 2021", financiados a través da convocatoria 2021 de axudas e subvencións a obradoiros duais de emprego, pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pertencente á Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
A presentación de solicitudes realizarase exclusivamente a través da Sede electrónica do Concello.
Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos á contratación as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, cuxa actividade estea directamente relacionada coa formación impartida no "Obradoiro Dual de Emprego Comarca do Sar 2021", é dicir, que a actividade estea relacionada coas especialidades de "Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización – EOCB0209" ou con "Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes – AGAR0309" e que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea. No caso de sociedades civís, comunidades de bens e unións temporais de empresas deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai a aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poder suficiente para cumprir as obrigacións que, como beneficiaria, correspóndanlle á agrupación. No suposto de unións temporais de empresas, cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos esixidos para acceder ás axudas.
Exclusións
Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.
Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas neste programa as persoas ou entidades nas que concorran algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria as entidades solicitantes que estean excluídos do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme ao establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
A través de medios electrónicos, conforme establece o artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
O prazo de presentación de solicitudes determinarase no extrato desta convocatoria que se publicará no Boletín Oficial da Provincia, a través do Sistema Nacional de Publicación de Subvencións.
O prazo estará aberto dende o 22/07/2022 ao 31/07/2022 (inclusive).
Fase Solicitude:
Fase Xustificación:
Nome: Solicitude de axudas a través de incentivos á contratación temporal por conta allea a favor do alumnado/traballador do "obradoiro dual de emprego comarca do sar 2021".
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoas e empresas empregadoras.
Carácter silencio administrativo: Segundo normativa.
Taxas/Impostos: Non aplica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.
Máis información: correo@padron.gal