Sede electrónica Concello de Padrón

08:45:14 Sábado 23 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Licenza de vaos

O procedemento de "solicitude de licenza de vaos" ten como obxecto establecer os requisitos e o procedemento para o outorgamento da licenza de reserva de espazo para a entrada e saída de vehículos solicitada por aquelas persoas propietarias e/ou posuidoras lexítimas dos inmobles ás que se lles deba permitir o acceso, así como quen promove ou contrata nos supostos de obra.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de licenza de vaos.
  • Plano de pranta e número de prazas existentes por pranta.
  • Fotografía da fachada do inmoble.
  • Licenza de obras cando nelas conste expresamente a zona ou reserva de aparcamento.
  • Licenza de habilitación do local para garaxe (cando requira obra).
  • Licenza de modificación do uso (cando non require obra).
  • Licenza de apertura, cando nela conste expresamente a zona de aparcamento ou cando, aínda non constando expresamente, se outorgue para actividades de reparación, venda, alugueiro, exposición, lavado, engraxamento ou inspección de vehículos ou cando se trate de estacións de servizo.

Nome: Solicitude de licenza de vaos.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Xunta de Goberno Local.

Carácter silencio administrativo:
Silencio negativo.

Prazo de execución:
3 meses.

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.