Sede electrónica Concello de Padrón

17:41:10 Xoves 24 de abril 2025
Estás en:

Detalle trámite

Convocatoria de selección provisión temporal de 3 peóns de obras (PEL CONCELLOS 2025)

Non hai convocatorias abertas actualmente

Neste trámite poderase presentar unha solicitude para participar no proceso de selección de “ Provisión temporal de 3 postos de traballo de peóns de obras, en réximen de dereito laboral temporal, mediante o sistema de concurso”.

Poderase facer un seguimento do procedemento ( bases da convocatoria, listas de admitidos, resultados, etc.) a través das sucesivas publicacións realizadas no taboleiro de anuncios.

Prazo de solicitude: do 26 de Marzo ao 2 de Abril.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”.

  • Anexo I (obrigatorio).
  • DNI.
  • Certificación expedida polo Servizo Público de Emprego na que se acredite que é demandante de emprego e o tempo que leva nesta situación.
  • Certificación, de ser o caso, acreditativa do grao de discapacidade.
  • Informe expedido polo Servizo Social correspondente ao enderezo da persoa relativo, de ser o caso, de que se atopa nalgunha das situacións sinaladas nos apartados v. a x. da base 5.e).
  • Declaración Responsable (Anexo II).
  • Documento acreditativo do pagamento (autoliquidación) da Taxa pola participación em procesos de selección ao servizo do Concello de Padrón que ascende a 15,44€ (obrigatorio).
  • Relación dos méritos e os documentos xustificativos dos mesmos.
  • Certificación, de ser o caso, de servizos prestados para as administracións públicas (Anexo III).

Nome: Convocatoria selección para a provisión temporal de 3 postos de traballo de peóns de obras, en réxime de dereito laboral temporal, mediante o sistema de concurso, financiado co plan provincial PEL CONCELLOS 2025.

Unidade tramitadora: Axente de Emprego e Desenvolvemento Local.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Prazo de resolución: 6 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos:
Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.