Sede electrónica Concello de Padrón

04:11:36 Sábado 22 de agosto 2026
Estás en:

Detalle trámite

Convocatoria para proveer unha praza de funcionaria carreira de Auxiliar Administrativo/a OEP-2021

Non hai convocatorias abertas actualmente

Neste trámite poderase presentar unha solicitude para participar no proceso de selección de “Convocatoria para proveer unha praza de funcionaria de carreira de Auxiliar Administrativo/a”.

Poderase facer un seguimento do procedemento (bases da convocatoria, listas de admitidos, resultados, etc.) a través das sucesivas publicacións realizadas no taboleiro de anuncios.

Prazo de solicitude: do 31 de Xullo ao 20 de Agosto de 2026 (ambos incluídos).

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”.

  • Solicitude de participación, Anexo I (obrigatorio). Inclúe a declaración responsable de que son certos os datos consignados e que a persoa solicitante reúne todos os requisitos esixidos na data na que remate o prazo de presentación.
  • Documento nacional de identidade ou pasaporte ou tarxeta de residente (obrigatorio).
  • Visado e, de ser o caso, documento acreditativo do vínculo de parentesco e declaración responsable da persoa cónxuxe ou ascendente da que dependa de que non está separada de dereito ou de que a ou ao aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.
  • Certificado de lingua galega 3, CELGA 3 (obrigatorio).
  • Documento acreditativo do pagamento (autoliquidación) da Taxa pola participación en procesos de selección de persoal ao servizo do Concello de Padrón que ascende a 15,44 € (obrigatorio).
  • En caso de discapacidade e ser preciso a adaptación das probas, ditame facultativo.

Nome: Convocatoria para proveer unha praza de funcionaria carreira de Auxiliar Administrativo/a OEP-2021.

Unidade tramitadora: Secretaría.

Inicio do procedimiento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Prazo de execución: 6 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                        Presencial.