Sede electrónica Concello de Padrón

08:52:04 Sábado 23 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de autorización para a ocupación (temporal) da vía pública

O procedemento de "autorización para ocupación da vía pública" ten como obxecto regular as ocupacións temporais das vías públicas con contedores ou cubas, protección de obras, estadas e provisións de materiais con ocasión da realización de calquera obra ou traballo, así como para a realización de actividades como mudanzas, carga e descarga de materiais, descargas de combustible, carga e descarga de material relacionado con obras, vehículos con formigón, etc.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de autorización para ocupación da vía pública.
  • Plano de pranta da zona da vía que se proxecta ocupar coa instalación, con acoutamento de beirarrúa e da calzada (ancho e alto de andamio, distancia á fachada e ao bordo da beirarrúa, etc) e con indicación do edificio sobre o que se sitúa.
  • Plano de alzado e sección definindo claramente en que afectará á vía pública, as medidas de seguridade aplicadas, o itinerario peonil protexido, a sinalización en xeral e os obstáculos na calzada, se é o caso, etc.
  • Memoria descritiva ou informe técnico da instalación: sistema de montaxe e fixación; ancoraxes; posibles danos ao pavimento, constucións baixo rasante, se as houbera; mobiliario urbano, parada de transporte público ou xardinería; elementos de cubrición en toda a superficie exterior vertical e plataformas ríxidas e resistentes para conter a caída de ferramentas ou materiais. Así mesmo constará o compromiso do director técnico da obra de asumir a supervisión da instalación.
  • Orzamento.
  • Certificado de que se axusta aos regulamentos de seguridade e hixiene no traballo, á ordenanza de construción e ás demais normas de obrigado cumprimento.

Os documentos anteriores deberán ser asinados por técnico competente.

  • Licenza de obras cando non se solicitara conxuntamente co acto administrativo ou xudicial que motive a instalación.
  • Manifestación do prazo estimado para a ocupación.

Unha vez rematada a montaxe do andamio deberase presentar:

  • Certificado final de seguridade e estabilidade da instalación asinado polo técnico competente. Deberá presentarse dentro do prazo dos 7 días seguintes ao remate da montexe e condiciona a eficacia da licenza concedida.
  • Xustificante do depósito da fianza nos supostos en que así se esixa.
  • Taxa por ocupación con andamios e outras mercadorías. (ver)

Nome: Solicitude de licenza para ocupación da vía pública.

Unidade tramitadora:
Urbanismo.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Xunta de Goberno Local.

Carácter silencio administrativo:
Silencio negativo.

Prazo de resolución:
1 mes.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos:
Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.