Sede electrónica Concello de Padrón

22:36:41 Xoves 28 de marzo 2024
Estás en:

Detalle trámite

Autorización para a acometida, abastecemento de auga e saneamento

O procedemento de "autorización para acometida, abastecemento de auga e saneamento" ten por obxecto a expedición dunha autorización que permita á cidadanía realizar a acometida de auga e/ou rede de sumidoiros desde a súa propiedade ás tubaxes xerais e dar inicio ao servizo.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de autorización para acometida, abastecemento de auga e saneamento.
  • Escritura de propiedade / Contrato de arrendamento. Documento acreditativo do dereito a ocupar o inmoble para o cal se solicita o abastecemento.
  • Licenza de primeira ocupación para usos domésticos. Copia da licenza de primeira ocupación do inmoble.
  • Licenza de apertura para usos comerciais ou industriais. Copia da licenza de apertura acreditativa da actividade exercida no local comercial ou industrial.
  • Licenza de obra para usos de obra. Copia da licenza de obra que se esté ou se vaia realizar.

Nome: Autorización para acometida, abastecemento de auga e saneamento.

Unidade tramitadora:
Secretaría.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Prazo de resolución:
 3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.