Sede electrónica Concello de Padrón

01:52:25 Venres 27 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de aprazamento ou fraccionamento de débedas

O procedemento de "Solicitude de aprazamento ou fraccionamento de Débedas" ten por obxeto que a persoa obrigada tributariamente a un pago xestionado pola entidade local, cando a súa situación económico-financiera lle impida de forma transitoria efectuar o pago nos prazos establecidos, poida solicitar o seu aprazamento ou fraccionamento.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

No caso de solicitar un aprazamento ou fraccionamento de débedas do IBI, IVTM ou IAE, debe solicitalo a través da Oficina Virtual Tributaria da Deputación provincial da Coruña.  

 

  • Instancia.
  • No caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade da persoa representante e da persoa interesada coa autorización escrita desa última ou copia de poder para actuar en representación. No caso de presentación online, non é necesario aportar o documento de identidade da persoa que presenta (nin da persoa interesada no caso de utilizar un certificado electrónico de representación).
  • Xustificación da existencia de dificultades económico-financeiras.
  • Certificado de titularidade da conta bancaria de cargo.
  • Garantía que ofrece, si é o caso, ou compromiso expreso e irrevogable de presentación (en caso de concesión do aprazamento/fraccionamento) ou xustificación da solicitude de exención da garantía.

Nome: Solicitude de aprazamento ou fraccionamento de Débedas.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                       Presencial.