Sede electrónica Concello de Padrón

02:10:11 Martes 3 de xuño 2025

Información

URBANISMO

06/06/2023

MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PXOM PARA AMPLIACIÓN DO POLÍGONO PICUSA, MP 7-PXOM 1994

EXP: 2022/U032/000001

ANUNCIO: Aprobación inicial da modificación puntual do PXOM de Padrón para a ampliación do Polígono Industrial Picusa, MP 7-PXOM 1994.

En cumprimento do establecido no artigo 60 da Lei 2/2016, do 1 de febreiro, do Solo de Galicia, faise público que o Pleno da Corporación Municipal de Padrón, na sesión de data 12 de maio de 2023, acordou aprobar inicialmente a Modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal para ampliación do Polígono Industrial Picusa.

Durante o prazo de dous meses, contados dende o día seguinte á derradeira publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, todas as persoas interesadas poderán consultar o expediente na secretaría do Concello de Padrón, de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas, e presentar as alegacións ou suxestións que estimen oportunas. Igualmente o expediente estará a disposición no portal de transparencia da sede electrónica deste Concello no seguinte enlace:

https://sede.padron.gal/etc/L01150657/2022U032000001/wetransfer_15065_mp07pxou_202305_ai_declaracion_responsable-pdf_2023-05-25_1254_diligenciado.zip

Quedan suspendidas as licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito da Modificación Puntual. Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos contados dende a aprobación inicial, e en calquera caso extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.


Xustificantes de Publicación: