Sede electrónica Concello de Padrón

01:56:56 Venres 17 de setembro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de subvención a entidades públicas ou privadas para fomentar unha actividade ou interés municipal 2021

Non hai convocatorias abertas actualmente

O fin destas bases é establecer os criterios e o procedemento para conceder as subvencións municipais, de acordo con os principios de publicidade, libre concorrencia e igualdade, para a realización de actividades que complementen ou suplan ás atribuídas á competencia municipal; ou que en xeral contribúan ao fomento dos intereses peculiares do concello de Padrón.

O prazo estará aberto dende o 07/07/2021 ao 21/07/2021 (inclusive).

Poderán solicitar subvencións as entidades públicas ou persoais, que, cumprindo ao prescrito no artigo 13 da Lei 38/2003, e artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que reúnan ademais os seguintes requisitos:

Poderán ser beneficiarios das subvencións previstas as persoas ou entidades, públicas ou privadas xuridicamente constituídas, así como as agrupacións de persoas físicas e xurídicas sen personalidade xurídica constituídas para a consecución dos fins sinalados como subvencionables, e que cumpran as seguintes condicións:

  • carecer de fins de lucro.
  • desenvolver as súas actividades no termo municipal de Padrón.
  • non ter pendente de xustificar ningunha subvención concedida polo Concello de Padrón.
  • non estar incursas en ningunha das causas de incompatibilidade ou prohibición das mencionadas no artigo 13 da LXS.

Ademais, salvo no caso das agrupacións sen personalidade xurídica, será requisito para a concesión da subvención, estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Padrón.

A través de medios electrónicos, conforme establece o artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo de presentación de solicitudes determinarase no extrato desta convocatoria que se publicará no Boletín Oficial da Provincia, a través do Sistema Nacional de Publicación de Subvencións.

O prazo estará aberto dende o 07/07/2021 ao 21/07/2021 (inclusive).

Fase Solicitude:

  • Solicitude específica. (obrigatorio)
  • Anexo I - programa de actividades e orzamento. (obrigatorio)
  • Anexo II - declaración responsable. (obrigatorio)
  • Anexo III - Número de actividades e persoas beneficiarias. (obrigatorio)

Fase Xustificación:

Debe unha vez aberto o prazo de Xustificación, realizarse mediante o procedemento de Achega de Documentación coa seguinte documentación:

 

Nome: Solicitude de subvención a entidades públicas ou privadas para fomentar unha actividade ou interés municipal 2021

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Entidades sen ánimo de lucro.

Carácter silencio administrativo:
Segundo normativa.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.

Máis información: correo@padron.gal