Sede electrónica Concello de Padrón

02:53:46 Venres 17 de setembro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Xustificación de subvención nominativa a entidades públicas ou privadas para fomentar unha actividade ou interés municipal por Convenio 2021

É obxecto dos convenios con entidades públicas ou privadas para fomentar unha actividade ou interese municipal regular a colaboración do Concello de Padrón coas Asociacións que teñen prevista unha subvención directa nos orzamentos.

Teñen carácter de subvención directa, non suxeita ao réxime de concorrencia competitiva, non séndolle, por tanto, de aplicación as normas de convocatoria, concorrencia e publicidade.

O prazo estará aberto desde o 01/01 ao 31/10 (inclusive).

Poderán xustificar a subvención directa as entidades públicas ou privadas, que estean previstas como tales no orzamento coas que se asinou o correspondente convenio de colaboración.

A xustificación da subvención directa terá vixencia desde a firma do convenio de colaboración e terá vixencia no exercicio económico ata o final de todo o procedemento de fiscalización da xustificación da aplicación dos fondos percibidos en concepto de subvención e a aprobación pola Xunta de Goberno Local da conta xustificativa presentada pola entidade beneficiaria. No entanto, financiaranse os gastos realizados desde o 1 de xaneiro a condición de que amparen as actuacións encamiñadas a asegurar o correcto cumprimento dos acordos conseguidos.

A través de medios electrónicos, conforme establece o artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo de presentación de xustificacións

A xustificación da subvención percibida deberá realizarse, como máximo, antes do 31 de outubro da anualidade, presentando para ese fin, facturas orixinais ou outros documentos de valor probatorio equivalente e con validez no tráfico xurídico mercantil que acrediten os gastos realizados, e que deberán de importar, como mínimo, a contía da subvención concedida.

O IVE non se considerará en ningún caso subvencionable.

O pago dos gastos subvencionables, deberá acreditarse mediante transferencia bancaria, cheque nominativo, cargo, ingreso en conta ou calquera outra modalidade de pago bancario, sempre que en todo caso quede identificada a persoa ordenante (perceptora da subvención) e a persoa beneficiaria (provedora do ben ou servizo); no entanto, para os pagos de gasto que non excedan de 150 euros, abondará co recibín do perceptor inserido no propio documento de gasto.

O prazo estará aberto desde o 01/01 ao 31/10 (inclusive).

 

1) Comprometerse a dar a publicidade do presente convenio co Concello de Padrón por esta colaboración.

2) Xustificar o cumprimento do obxectivo e a realización das actividades que fundamentaron a concesión da axuda. A subvención deberá ser destinada exclusivamente para os fins para os que foi concedida, quedando expresamente prohibida calquera alteración de destino non autorizada polo Concello.

3) Someterse, cando así se lle requira, ás actuacións de comprobación e control financeiro por parte da Intervención Xeral do Concello.

4) Comunicar ao Concello a obtención de calquera outra subvención, axuda, ingreso ou recurso que financie a actividade que se subvenciona, sen que, en ningún caso, o importe das subvencións poida ser de tal contía que, de forma illada ou en concorrencia con outras subvencións, axudas ou ingresos, supere o custo da actividade subvencionada. Esta comunicación realizarase axiña que como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

5) Autorizar ao Concello de Padrón para obter as certificacións das administracións tributarias correspondentes e da Tesourería da Seguridade Social nas que se acredite que se atopa ao corrente nos seus deberes.

6) Deberá presentarse unha declaración responsable de non estar incurso en ningunha das causas que determina o artigo 13.2 da Lei 38/2003 Xeneral de Subvencións.

7) Acreditar á persoa física que ten competencia suficiente para ostentar a representación legal da Asociación e, por tanto, para asinar o presente convenio e asumir as tarefas de xustificación da subvención. Dita acreditación farase mediante certificado do Secretario da Asociación.

8) Deberá presentarse certificación bancaria do número de conta a nome da Entidade beneficiaria no que debe facer o ingreso da subvención.

9) Conservar os documentos xustificativos dos fondos percibidos, así como a documentación contable que lle sexa esixida na súa lexislación aplicable, co fin de facilitar as actuacións de comprobación e control.

Debe realizarse mediante o procedemento de Achega de Documentación coa seguinte documentación:

 

Nome: Xustificación de subvención nominativa a entidades públicas ou privadas para fomentar unha actividade ou interés municipal por Convenio 2021

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Entidades sen ánimo de lucro.

Carácter silencio administrativo:
Segundo normativa.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.

Máis información: correo@padron.gal