Sede electrónica Concello de Padrón

18:55:35 Domingo 22 de maio 2022
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de praza na escola infantil municipal

Non hai convocatorias abertas actualmente

Permite presentar electrónicamente a solicitude para unha praza na escola infantil municipal.

Prazo de presentación da solicitude: dende o 21/03/2022 ao 5/04/2022.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Si o interesado non utiliza a vía telemática poderá descargarse o/os impreso/s dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán dito/s impreso/s normalizado/s a presentar.

  • Formulario de Solicitude de praza na Escola Infantil Municipal (obrigatorio cumplimentar e asinar). Dende o 21/03/2022 ao 5/04/2022.
  • Libro de familia ou, no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.
  • Copia do DNI da nai, do pai ou titor/a legal.
  • Título de familia numerosa.
  • No caso de tener a residencia noutro municipio, certificado de empadroamento colectivo.
  • No caso de separación ou divorcio e nulidade matrimonial, acreditación de dita circunstancia, con expresión do réxime de visitas.
  • Última nómina de cada un dos membros da unidade familiar en activo. No caso de traballadores autónomos presentarase o xustificante do último ingreso a conta trimestral presentado.
  • No caso de que un ou varios dos membros da unidade familiar non teñan ocupación laboral, presentarán unha certificación do INEM, ou do organismo autonómico correspondente, que acredite a situación de desemprego ou de percepción, ou non, de prestacións por aquel concepto.
  • No caso de persoas que tivesen presentada a declaración do Imposto sobre a Renda das persoas físicas (IRPF): declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas da unidade familiar. En caso de declaracións individuais, presentarán unha copia da declaración de cada membro da unidade familiar obrigado a declarar.Os solicitantes da devolución rápida, presentarán unha copia da comunicación que lles remitirá a Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) en aplicación do Texto Refundido 3/2004 da Lei do Imposto sobre a Renda das persoas físicas.
  • No caso de persoas que non tivesen presentada a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF): As persoas non obrigadas a declarar e que non solicitaran a devolución rápida, presentarán a certificación dos datos existentes na Administración, que expide a Axencia Estatal da Administración Tributaria e certificado de empresa.
  • Informe social naqueles casos nos que, por distintas razóns, non se poidan acredita-las rendas dos pais con escasos recursos.
  • Declaración xurada de que a situación económica e laboral dos membros da unidade familiar segue sendo a mesma, no momento da solicitude de ingreso na Escola Infantil Municipal que na data que consta na declaración a renda ou certificado equivalente. Se a situación cambiou, deben acompañarse documentos que o certifiquen ou no seu caso, declaración xurada explicando a nova situación.

No caso de que a solicitude non reúna os requisitos esixidos, o Concello requirirá ao interesado para que nun prazo de 10 días emende a falta ou xunte os documentos necesarios, con indicación de que, si así non se fixese, se terá por desestimada a súa petición arquivándose sen máis trámite.

Nome: Solicitude de praza na escola infantil municipal.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                 Presencial.