CAMPAMENTO DE VERÁN "A VILA DO MAÑÁ"
EXP: 2026/G006/000434
ANUNCIO: CAMPAMENTO DE VERÁN 2026 "A VILA DO MAÑÁ"
“A Vila do Mañá” é un proxecto que parte da Concellaría de Educación do Concello de Padrón e que busca implicar activamente á infancia e á adolescencia na construción simbólica e material do espazo común, a través do xogo, a arte, a arquitectura e a lectura sensible do territorio.
Ademais supón unha proposta de conciliación para as familias que se suma ás xa existentes no Concello.
Esta actividade réxese polas seguintes,
BASES:
1.- DURACIÓN:
Os días 22, 23, 25, 26 29 e 30 de xuño de 2026 en horario xeral de 07:45-15:15 horas.
2.- DESTINATARIAS/OS:
Nenos, nenas e adolescentes de entre 5 a 14 anos.
3.- PRAZAS DISPOÑIBLES:
50
4.- MATRÍCULA:
Gratuita.
5.- INSCRICIÓN:
No rexistro do Concello de Padrón. Do 10 ao 15 de xuño para os/as solicitantes empadroados/as no Concello de Padrón. As prazas asignaranse segundo a orde de entrada no rexistro municipal.
O listado de admitidos/as publicarase o día 17 de xuño no taboleiro de anuncios do Concello de Padrón e en www.padron.gal
6.- DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR NA INSCRICIÓN:
Ficha de inscrición cuberta e asinada polos pais/nais ou titores do/a solicitante segundo o modelo que publicado e que tamén se poderá recoller en formato papel no Centro de Información á Muller (Edificio Servicios Sociais, praza da Igualdade, s/n, Padrón).
7.-LUGAR DE REALIZACIÓN:
O CEIP Rosalía de Castro e/ou nas rúas/espazos públicos do municipio.
8.- EQUIPAMENTO RECOMENDADO:
Roupa cómoda e de diario, con posibilidade de ensuciarse.
A Concelleira de Educación
(documento asinado dixitalmente)
Asdo. María Dolores Saco Vigo