Sede electrónica Concello de Padrón

06:53:23 Martes 21 de maio 2019
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición en actividades deportivas

É obxecto deste procedemento administrativo facilitar a xestión de solicitudes (individuais ou de equipos) de inscrición nas diferentes actividades deportivas xestionadas por cada corporación municipal.

Calquera persoa física ou xurídica que desexe inscribirse nunha actividade deportiva xestionada pola corporación municipal.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de inscrición en actividades deportivas.
  • Rexistro de inscrición cuberto.
  • Resgardo de pago no que figurará o nome e apelidos do usuario ou usuarios (no caso de acollerse á cota familiar) e o concepto de "actividades deportivas concello de Padrón 2015-2016".
  • 1 foto.
  • Fotocopia do DNI (se actúase a través de representante ou no caso de rexistro presencial).
  • Fotocopia do libro de familia (no caso de acollerse á cota familiar).

 

Información Programación Deportiva curso 2015-2016

Ficha inscrición e normativa actividades deportivas curso 2015-2016

Nome: Solicitude de inscrición en actividades deportivas.

Unidade tramitadora: Deportes.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Prazo de execución:
3 meses.

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos:
Consultar Información Programación Deportiva curso 2015-2016 (pdf apartado documentación).

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.