Sede electrónica Concello de Padrón

19:07:13 Venres 19 de agosto 2022
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de axudas a través de incentivos á contratación temporal por conta allea a favor do alumnado/traballador do "obradoiro dual de emprego comarca do sar 2021".

Non hai convocatorias abertas actualmente

Os incentivos á contratación temporal por conta allea teñen por finalidade facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas participantes no "OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO COMARCA DO SAR 2021", financiados a través da convocatoria 2021 de axudas e subvencións a obradoiros duais de emprego, pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pertencente á Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
A presentación de solicitudes realizarase exclusivamente a través da Sede electrónica do Concello.

A través de medios electrónicos, conforme establece o artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo de presentación de solicitudes determinarase no extrato desta convocatoria que se publicará no Boletín Oficial da Provincia, a través do Sistema Nacional de Publicación de Subvencións.

O prazo estará aberto dende o 22/07/2022 ao 31/07/2022 (inclusive).

Fase Solicitude:

  • Solicitude. 
  • Anexo II - declaración responsable. (obrigatorio)
  • DNI, NIE ou NIF da Empresa e poder suficiente para actuar en nome da entidade. (non necesario se a presentación é telemática en nome propio).
  • Declaración do persoal de todos os centros de traballo da Empresa en Galicia no mes  anterior ao mes de publicación da presente convocatoria.
  • Certificacións de estar ao corrente nas súas obrigas coa Administración Tributaria, coa  Seguridade Social e coa Xunta de Galicia.
  • Certificado de conta bancaria.

Fase Xustificación:

  • Declaración complementaria da presentada coa solicitude, do conxunto das axudas solicitadas,  tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a mesma finalidade das  distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, no seu caso, unha declaración que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, segundo o modelo do anexo.  
  • Copia dos contratos de traballo obxecto de subvención e alta e baixa na seguridade social (se o traballador segue prestando servizos na empresa pasados os tres meses, certificado da empresa nese sentido).
  • Certificados da empresa beneficiaria de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e fronte á Seguridade Social e coa Administración Pública da Comunidade Autónoma.

Nome: Solicitude de axudas a través de incentivos á contratación temporal por conta allea a favor do alumnado/traballador do "obradoiro dual de emprego comarca do sar 2021".

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoas e empresas empregadoras.

Carácter silencio administrativo:
Segundo normativa.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.

Máis información: correo@padron.gal