Sede electrónica Concello de Padrón

06:24:16 Martes 21 de maio 2019
Estás en:

Detalle trámite

Comunicación previa de obra

Quedan suxeitos ao réxime de intervención municipal de comunicación previa os actos de uso do solo e do subsolo non suxeitos a licenza (están suxeitos a licenza os actos que requiren proxecto de edificación e outros supostos) e, en todo caso, os que así se establezan nas leis. O promotor dos actos de uso do solo e do subsolo comunicará ao concello a intención de levar a cabo o acto cunha antelación mínima de quince días hábiles ao da data en que pretenda comezar a súa execución.
Con carácter xeral, transcorrido o prazo de quince días hábiles sinalado, a presentación da comunicación previa cumprindo con todos os requisitos esixidos constitúe título habilitante para o inicio dos actos de uso do solo e do subsolo suxeitos a ela, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte do concello.
(Art. 142.3 e 146 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia).

Calquera persoa física que desexe comunicar o inicio dunha obra.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende está páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Comunicación Previa de Obra.
  • En caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita dese último ou copia do poder para representalo.
  • Descrición técnica das características do acto de que se trate, memoria técnica ou, se é o caso, proxecto técnico legalmente exixible. (Esta memoria deberá vir redactada e asinada por técnico/a competente e acompañada de declaración do citado técnico/a de que o uso do solo ou subsolo solicitado resulta acorde coa normativa urbanística. Esta memoria ven referida a intervencións que non precisan do proxecto técnico conforme a normativa sobre edificación, pero das que a súa complexidade técnica require a intervención dun profesional).
  • Croquis acoutado en planta da situación da obra proxectada dentro da parcela.
  • Fotografías do estado actual do inmoble ou zona obxecto da actuación.
  • Direccións facultativas visadas, estatística da construción e estudio básico de seguridade e saúde, cando sexa preceptivo.
  • Copia das autorizacións, concesións administrativas ou informes sectoriais cando sexan legalmente exixibles ao solicitante, ou acreditación de que se solicitou o seu outorgamento. (No caso de se ter solicitado unha autorización e non se ter obtido á data de presentación da comunicación previa, a declaración por parte do Concello de que a documentación se atopa completa virá condicionada na execución das obras á obtención da citada autorización).
  • Autorización ou documento de avaliación ambiental, caso de requirila o uso ao que se destinen as obras.
  • De ser o caso, certificado emitido polas entidades de certificación de conformidade municipal previstas na Lei do Solo e Regulamento da Lei do Solo de Galicia.
  • Escritura pública de cesión de terreos fóra das aliñacións ao Concello, se é o caso.
  • Outra documentación: refiriránse outras actuacións a realizar, coma ubicación de colectores de obra, ocupación da vía pública, valados, lugares de acopio de materiais, casetas de obra, e en xeral calquera outra actuación de apoio ás obras. No caso de se ubicar andamiaxes, deberá achegarse plan de montaxe e desmontaxe, así coma a documentación técnica referida na ordenanza municipal de circulación e uso da vía pública, título II, publicada no BOP nº 267, do 19 de novembro de 2004.
  • Xustificante de pago dos tributos municipais que resulten preceptivos. [Copia do resgardo de pagamento do imposto sobre construcións, instalacións e obras (I.C.I.O.) e da Taxa por expedición de licenzas urbanísticas (E.L.U.)]

Nome: Comunicación Previa de Obra.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Taxas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.